Capital do Viño do Condado do Tea
Exterior da Muralla - Vila Milenaria
  1. Noticias
  2. Axudas e Subvencións
  3. Avisos

Constante González é un artesán da madeira que traballa co torno creando pezas únicas e moi laboriosas. Constante é de San Roque na parroquia de Cabreira en Salvaterra de Miño. Un home que xa dende pequeno tiña unha vea artística por explotar e que aprende o oficio da carpintaría grazas ao seu pai, oficio ao que se dedicou durante toda a súa vida profesional. Unha vez xubilado no ano 2008, e contando xa co tempo necesario, comeza a desenvolver o seu don e a súa paixón elaborando e traballando a madeira dun xeito espectacular utilizando unha técnica, a do torno, pouco vista e moi chamativa. As pezas que crea son dunha beleza incríble e agora chegan ó Museo da Ciencia do Viño do Condado en Salvaterra de Miño co fin de que todo o mundo poida contemplar o seu valor. Constante conta no seu taller con máis de duascentas pezas únicas e aquí só teremos unha pequena mostra que esperamos sexa do agrado de todos os visitantes que poderán visitar a exposición durante o mes de maio no horario do Museo: de mércores a domingo e festivos de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 19:00 horas.

24 04 24 Cartel Exposicion Constante Madera 0124 04 24 Constante González

Abril 2024
L M X J V S D
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30 1 2 3 4 5
 PlanAntifraudeConcello
Plan Forestal
InventarioMunicipal
AnaliticasAugas
MuseoDaCienciaDoVinho
Termas
InformacionTuristica
ORALNuevo
Deputacion2
SedeCatastro
PIC
EidoLocal
PIOM

EmpregoPublico
Farmacias de Guardia
XuventudeNet
RutaVino
Meteo Galicia