Capital do Viño do Condado do Tea
Exterior da Muralla - Vila Milenaria
  1. Noticias
  2. Axudas e Subvencións
  3. Avisos

A charla forma parte das actividades programadas con motivo do Día do Libro. Dentro dos actos programados con motivo do Día Internacional do Libro que se celebra o 23 de abril, o Concello de Salvaterra de Miño contará coa escritora Raquel Castro. O vindeiro sábado 27 de abril ás 12:00 horas na Biblioteca Municipal de Salvaterra a escritora de Salvaterra de Miño presentará os asistentes as súas obras e falará da súa biografía. Raquel Castro natural de Alxén é profesora e escritora galega de literatura infantil e xuvenil ademais de directora do grupo de teatro “Ata Sempre”; conta con doce obras publicadas e participou en cinco publicacións colectivas. Ademais a escritora recibiu unha decena de recoñecementos e premios. Por todo iso, nunha data tan salientable como o Día do Libro, Raquel Castro achegará o público a súa traxectoria que terá a gran oportunidade de coñecela e descubrir a súa obra e traballo. Recordamos que dentro das actividades programadas, o Concello tamén organiza unha “Biblioteca Viaxeira” para nen@s de entre 3 e 10 anos que se celebrará o 18 de abril no Centro Cultural de Alxén, o 19 de abril no Centro Cultural de Fornelos, o 25 de abril na Casa do Maior en Leirado (espazo da biblioteca) e o 26 de abril na Biblioteca Municipal de Salvaterra de Miño. As actividades todas gratuítas comezarán ás 18:00 horas.

12 04 24 Raquel Castro

Abril 2024
L M X J V S D
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30 1 2 3 4 5
 PlanAntifraudeConcello
Plan Forestal
InventarioMunicipal
AnaliticasAugas
MuseoDaCienciaDoVinho
Termas
InformacionTuristica
ORALNuevo
Deputacion2
SedeCatastro
PIC
EidoLocal
PIOM

EmpregoPublico
Farmacias de Guardia
XuventudeNet
RutaVino
Meteo Galicia