Capital do Viño do Condado do Tea
Exterior da Muralla - Vila Milenaria
  1. Noticias
  2. Axudas e Subvencións
  3. Avisos

Estará ubicada no antigo Posto da Fronteira de Monçao.

 

O próximo 1 de maio o Concello de Salvaterra de Miño e a Cámara de Municipal de Monçao inaugurarán a que será a sede de traballo da Eurocidade. O edificio estará situado en Monçao, no antigo posto da fronteira, e contará con persoal que será o encargado, por un lado, de informar e de por en valor todo aquilo que nos identifica como pobo, o noso río, a nosa cultura, a nosa historia... Ademais de dar información, o persoal estará enfocado a realización de actividades e actos conxuntos entre os dous Concellos,  así mesmo traballaran e presentarán proxectos en candidaturas a Fondos Europeos, co fin de revalorizar, optimizar e dar novos recursos os máis de 30.000 veciños e veciñas que conforman esta Eurocidade.
Foi un 29 de marzo  do ano 1995 , cando a Ponte Internacional uniu fisicamente a estes dous pobos irmáns, que a pesar de estar separados, sempre estiveron moi unidos a través do Pai Miño, e entre os cales existiu unha relación moi estreita que perdura, non so entre a poboación, senón tamén entre as dúas institucións. Son moitas as actividades e os actos que se levan realizando conxuntamente e que foron o xerme dese camiño cara a Eurocidade. 
Dende os Concellos invitan a todos os seus veciños e veciñas a este acto de inauguración, que se realizará a partir das 17.00h españolas e na cal estarán presentes os Alcaldes, o Vicepresidente e Conselleiro de Presidencia da Xunta de Galicia e o Secretario de Estados das Comunidades do Goberno de Portugal. Ao remate haberá unha actuación de grupos tradicionais de ambos Concellos.

 

2 6

Eurocidade

Marzo 2024
L M X J V S D
26 27 28 29 1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 31
 PlanAntifraudeConcello
Plan Forestal
InventarioMunicipal
AnaliticasAugas
MuseoDaCienciaDoVinho
Termas
InformacionTuristica
ORALNuevo
Deputacion2
SedeCatastro
PIC
EidoLocal
PIOM

EmpregoPublico
Farmacias de Guardia
XuventudeNet
RutaVino
Meteo Galicia