ImportanteO CONCELLO DE SALVATERRA DE MIÑO LEVARÁ Ó PLENO DA CORPORACIÓN A SOLICITUDE Ó GOBERNO DE ESPAÑA DE MODIFICACIÓN DO REAL DECRETO 637/2021 QUE ESTABLECE A OBRIGATORIEDADE DO REXISTRO DAS EXPLOTACIÓNS AVÍCOLAS PARA AUTOCONSUMO.

Igual que fixo a Xunta de Galicia, o Concello de Salvaterra solicitará no próximo Pleno ó Goberno de España que deixe sen efecto a obrigatoriedade do Rexistro das explotación avícolas para autoconsumo. Nos últimos meses vemos a preocupación de veciños e veciñas pola situación totalmente incomprensible e ridícula que obriga a realizar un trámite administrativo que moitas veces lle resulta complicado e lento para poder adquirir aves de corráis para autoconsumo.

No noso rural galego é costume ter polos ou galiñas para autoconsumo e cando maioritariamente as persoas que mercan estes animais son persoas maiores dificulta enormente a tarefa de rexistro; todo tendo en conta que as oficinas agrarias están colapsadas e os nosos veciños e veciñas non son capaces de facer dito trámite de maneira electrónica. Toda esta situación ven provocada pola aprobación por parte do Goberno Central dun Real Decreto que reflexa un total descoñecemento da realidade e que seguen pondo impedimentos a nosa poboación para vivir no rural e poder comer comida caseira.