Os consumidores poderán degustar todos os venres do mes de abril un total de 26 pinchos diferentes dos locais adheridos na ruta. O Concello de Salvaterra de Miño en colaboración cos locales de hostalaría organiza a I Ruta Pinchoterra, unha proposta gastronómica que terá lugar os venres do mes de abril. En total son 26 os establecementos participantes na ruta que ofrecerán un pincho a 2,50€, un prezo popular para dar a coñecer propostas gastronómicas diferentes e elaboradas. O pincho de cada local sempre será o mesmo e poderá degustarse os venres no horario marcado e que se pode consultar na web da ruta. A I Ruta Pinchoterra contará tamén cun sorteo de 37 premios. Aquelas persoas que participen poderán gañar un primeiro premio que consiste nun vale de 260 euros para consumir nos locais adheridos, 26 premios máis aportados polos establecementos e 10 Bonos para o Espazo Termal de Teáns-Oleiros. Para participar cada consumidor deberá recoller o seu pasaporte nos locais adheridos e conseguir un total de 6 selos (6 pinchos diferentes), cubrir os seus datos persoais e contestar cal foi o seu pincho favorito. Entre todos os pasaportes cubertos coñeceremos o pincho gañador que se levará unha noite con almorzo e spa para dúas persoas e tamén á persoa que máis veces consuma dentro da ruta que contará cun premio dunha experiencia en Galicia. Toda a información referente á ruta como horarios, locais, ubicacións, pinchos e sorteos poderá consultarse na web pinchoterra.concellodesalvaterra.com 

 

13 03 24 Presentación I Ruta Pinchoterra