Con motivo da celebración do Día do Libro o CRA A Lagoa organizou a semana pasada unha actividade dinamizadora da lectura, cunha saída a nova Biblioteca Municipal, co fin de que os máis cativos coñeceran as instalacións e toda a maxia que alí se concentra, sobre todo no espazo específico que este edificio ten para os máis pequenos.

Nesta saída participaron preto de 100 nenos e nenas de 3, 4 e 5 anos do Cra, que desfrutaron das explicacións da bibliotecaria, que de primeira man lles ensinou as instalación e o funcionamentos das mesmas, ademais de facerlle os carnets de lectura ao 77% dos pequerrechos, xa que o resto xa o tiña, co fin de motivalos e que volvan cos seus país e nais para seguir desfrutando da lectura e de todo o que lles ofrece este novo edificio.

IMG 20220502 WA0003IMG 20220502 WA0011IMG 20220502 WA0012IMG 20220502 WA0014

 

IMG 20220502 WA0006IMG 20220502 WA0007IMG 20220502 WA0009IMG 20220502 WA0010IMG 20220502 WA0013IMG 20220502 WA0015IMG 20220502 WA0016