A Biblioteca Municipal ultima os preparativos para a conmemoración do día do libro con un contacontos  “KAMISHIBAI” , que fará as ledicias de todos os nenos e nenas e que realizará a empresa , Tarabelos o martes 26 ás 17.00h no Recinto Amurallado.

A esta actividade sumaráselle a partir do mes de maio a actividade que se iniciou no ano 2019 coa Biblioteca Viaxeira, que leva diversas actividades vinculadas coa lectura as diferentes parroquias do municipio, buscando ampliar a labor de dinamización da lectura en todos os lugares do Concello.

DíaDoLibro