AutismoCada ano o 2 de abril, Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo, miles de edificios e monumentos emblemáticos de todo o mundo se iluminan de azul como mostra de apoio e solidariedade co colectivo de persoas co trastorno do espectro autista (TEA) e coas súas familias.

Dende o Concello de Salvaterra de Miño queremos aportar o noso gran de area a esta campaña de sensibilización, iluminando de azul o balcón do noso concello.

En España máis de 470.000 persoas teñen trastorno do espectro autista. A falta de concienciación sobre este trastorno implica que moitas persoas se vexan discriminadas en todos os aspectos da vida, por iso é preciso eliminar prexuízos e empatizar con este colectivo para que, tanto as persoas con TEA como as súas familias, poidan vivir unha vida feliz e participar activamente na sociedade en igualdade de oportunidades. Conseguilo depende de tod@s.

 

CartelAutismo